O parque empresarial de Xinzo xa ten cámaras

undefined
photo_camera Un operario controla as conexións do sistema de cámaras.
Contan con visión nocturna e comezarán a funcionar próximamente

O parque empresarial de Xinzo de Limia xa conta con cámaras de videovixiancia que mellorarán a seguridade deste entorno emprazado na salida da autovía A52 e á entrada da vila limiá. Trátase dunha vella reivindicación dos empresarios do lugar e da asociación da que forman parte e que verán cumprida unha vez que os dispositivos estean operativos, algo que acontecerá nun breve periodo de tempo segundo puntualizaron esta semana dende o Consistorio de Xinzo. 

Son, concretamente, 12 cámaras de vixiancia con visión nocturna que comezaron a instalarse a mediados do pasado mes de novembro grazas a un investimento de preto de 46.000 euros achegado polo propio Concello de Xinzo e pola Xunta de Galicia. 

Nos últimos días, os operarios traballaron na comprobación das conexións dos dispositivos. 

A ducia de cámaras que se colocou en seis postes de seis metros de altura -dúas cámaras en cada un- está deseñada para o recoñecemento de matrículas. Todas as cámaras están conectadas a un equipo conmutador en rede xestionado por un servidor con software específico de control que posibilitará a visión en tempo real da imaxe que ofreza cada un dos dispositivos. Tan so será preciso un ordenador con conexión a Internet para acceder a eles. 

O sistema tamén permitirá, por outro lado, o almacenamento das imaxes e envío de alarmas.

Non é a unica mellora recente que se levou a cabo no polígono de Xinzo de Limia, xa que nos últimos meses instalouse un cartel indicativo das empresas existentes e o Concello acometeu -mediante a empresa Explotacións Medioambientais- a mellora do firme nunha das súas zonas, moi estragada pola introducción dun sistema de canalización.

Te puede interesar