O PP de Xinzo pide explicacións sobre as obras no Bouzo

IMG_20210503_105527
photo_camera Imaxe das obras no Bouzo, a piques de rematar.
Los populares solicitan que se explique "onde se investiron os case 200 mil euros presupostados e contratados polo Grupo de Goberno nas melloras da Travesía do Bouzo”

O Partido Popular de Xinzo reiterou a súa petición ao Goberno local para que convoque unha comisión e explique o estado das obras nas travesías Sitibal e O Bouzo, xa que non están a favor do resultado da materialización do proxecto e manteñen que existen queixas veciñais a este respecto. “O proxecto da futura circunvalación, para o que o anterior Grupo de Goberno conseguiu un investimento de máis de dous millóns de euros por parte da Xunta, está pensado para que o tráfico pesado non circule polo centro da vila e para as melloras das travesías da Avenida de Celanova, Zepetal, Sitibal, O Bouzo e a estrada de Lamas. Observamos como as obras das fases dúas, tres e catro non se parecen en nada ao proxectado”, lamentaron os populares. “Seguimos esperando a que se convoque ao grupos da oposición á comisión pertinente para explicar onde se investiron os case 200 mil euros presupostados e contratados polo Grupo de Goberno nas melloras da Travesía do Bouzo”, engadiron dende a oposición.

Entre outros puntos, o Grupo Municipal Popular pregunta sobre "as beirarrúas de 1,80 metros con bordos e pintadas con imprimación", polas "cunetas de seguridade feitas de formigón para evitar accidentes de tráfico nas posibles saídas de vía", o por que da existencia dunha curva nunha zona recta "que pode ocasionar algún que outro sinistro  de caídas aos valado"s e o motivo de "non reforzar a beirarrúa feita para o transporte pesado". 

Te puede interesar