PLAGA

A praga da ‘polilla guatemalteca' non afecta ás patacas da comarca

A couza guatemalteca é unha enfermedade vexetal que fura a pataca e remata por pudrila pero que non afecta ao ser humano

O Ministerio de Agricultura ten elaborado un borrador de decreto co obxectivo de loitar coa praga da couza (polilla) guatemalteca da pataca que afecta a varios municipios de Galicia e de Asturias. Na nosa comunidade, as áreas nas que se detectou a presenza desta praga son as comarcas de Ferrol e A Mariña Lucense. "Trátase de zonas de autoconsumo ", explica Víctor Novo, Xefe do Servizo de Sanidade e Producción Vexetal. "Nas zonas productoras como a Limia, máis profesionalizadas no sector, hai máis métodos de control e tratamentos fitosanitarios polo que é máis difícil que a praga entre".

"No ano 2015, cando comezou a praga, instaláronse en toda Galicia redes de trampeo con feromonas para determinar a presenza desta couza", sinala Novo, "Onde hai pataca hai un risco, pero a día de hoxe, na zona de Ourense, non hai praga". 

A couza guatemalteca é unha enfermedade vexetal que fura a pataca e remata por pudrila pero que non afecta ao ser humano. 

Te puede interesar