CRÍTICAS - POLÍTICA

O PSOE lamenta a "deixadez" coa avenida Celanova de Xinzo

<p></p>
photo_camera Estado que presentan os árbores da avenida de Celanova tras a completa poda que sofriron.

Critican o novo retraso no inicio das obras e critican a "parsimonia" do goberno de Xinzo

Logo de coñecerse que a consultora encargada da redacción do proxecto de reforma da avenida de Celanova solicitase unha prórroga para entregar o documento á Consellería de Infraestruturas, os socialistas de Xinzo criticaron "a deixadez do Partido Popular" para reclamar celeridade nestes trámites.

A portavoz do PSOE en Xinzo, Elvira Lama, recordou que o atraso no inicio desta actuación acumula máis de 365 días e denunciou que a "parsimonia" do grupo de goberno está a prexudicar "os intereses dos veciños e veciñas".

Por outra banda, os socialistas consideran que esta redacción do proxecto, que contempla a permanencia das árbores e unha nova vía de circunvalación para evitar o paso de tráfico pesado pola avenida, non se está a facer coa suficiente dilixencia e coa finalidade de que as obras comecen "o máis pronto posible". As melloras, explican, inclúen a renovación dos sistemas de saneamento, abastecemento e novos servizos nunha estrada que din "sofre contínuos asolagamentos nas épocas de choivas".

Elvira Lama manifestou que estamos "ante unha proposta que tivo grande repercusión social coa redacción do primeiro proxecto, xa que incluía a tala masiva e indiscriminada de árbores para facer as melloras demandadas polos residentes na zona, unha tala que finalmente se paralizou logo do escándalo xerado entre a veciñanza porque o PP non fixo un proxecto respetuoso co medio natural". Para o PSOE de Xinzo os cambios que debe incluir o novo documento "non xustifican o atraso dun ano que estamos a sufrir" e solicitaron ao goberno local "máis dilixencia" ante a necesidade da execución.

Te puede interesar