DOAZÓN

Recoñecemento a Xinzo polo alto número de doazóns de sangue

Durante o pasado 2016 os limiaos realizaron un total de 611 doazóns de sangue,  o que se traduce nunha tasa do 61 por mil. 

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, recibirá mañá mércores, da man do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña, un recoñecemento á solidaridade da vila polo importante número de doazóns de sangue que fixeron os seus veciños nos últimos meses. Tal e como sinalou o rexidor local, durante o pasado 2016 os limiaos realizaron un total de 611 doazóns de sangue,  o que se traduce nunha tasa do 61 por mil. 

O alcalde, Antonio Pérez , asegurz que é "un dos índices máis elevados de toda Galicia". No evento, que terá lugar Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago ás 12,45 horas, Xinzo será galardoado como un dos Concellos de Galicia máis solidarios.

Te puede interesar