Sandiás aborda melloras no Camiño de Santiago

Unha das novas cubertas colocadas dentro do plan de melloras do Concello.
photo_camera Unha das novas cubertas colocadas dentro do plan de melloras do Concello.

O Concello de Sandiás está levando a cabo a reparación de madeiras deterioradas e randeiras na área recreativa de Piñeira de Arcos, instalación en Couso dunha nova marquesiña e de dous cubre contenedores e un en Vilariño das Poldras, sempre no tramo afectado polo Camiño de Santiago, limpeza de zonas axardinadas de diferentes núcleos de poboación, continuación do labor de arranxo de bancos, reparación das madeiras deterioradas do teito do tanque de Piñeira de Arcos, reparación de madeiras deterioradas do teito e porta do forno comunal de Vilariño das Poldras, colocación de xardineiras nas vivendas sociais e tanatorios nas aldeas de Sandiás, Couso de Limia e Piñeira de Arcos e terminar de facer os taboleiros para fixar puntos informativos nos diferentes núcleos de poboación do concello.

Despois do último obradoiro de emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo e Sandiás, os dous concellos volven unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago.

Te puede interesar