Sandiás acolle este outono máis de 20 actividades

undefined
photo_camera O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, xunto a unha das concelleiras, Pilar Cabrera.
Haberá obradoiros, xornadas micolóxicas ou espectáculos de maxia. 

Malia que a tempada por excelencia de eventos, a estival, xa quedou atrás; en Sandiás veñen de inaugurar outra, a de outono e inverno, con máis dunha vintena de iniciativas culturais e lúdicas pensadas, especialmente, para os veciños. Tamén haberá espazo para a concienciación medioambiental xa que, como outros anos, reeditaranse as actividades con Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en acción Ourense. 

En Sandiás terán lugar iniciativas culturais e educativas como obradoiros, xornadas micolóxicas ou espectáculos de maxia. 

De cara ao Nadal, levarase a cabo unha campaña de recollida de alimentos e a primeira edición do Concerto de Nadal na Igrexa de Santo Estevo. 

A programación ao completo foi presentada polo alcalde, Felipe Traveso, e dous concelleiros do seu equipo: Pilar Cabrera e Pepe Gándara. Dende o grupo de goberno desexan que sexa “do interese dos veciños e veciñas”.

Para información e inscricións, difundiranse carteles coas actividades de xeito específico.

Te puede interesar