Sandiás aposta polo arte para activar aos veciños

undefined
photo_camera Unha imaxe da mostra elaborada co alumnado da anterior edición.
As clases desenvolveranse todos os luns e mércores, entre as 19,00 horas e as 21,00 horas da noite.

O Concello de Sandiás, no marco do “Outono e inverno culturais” e dentro do programa “Mantente activo”, promoverá unha nova edición do seu obradoiro de pintura e restauración dirixido, exclusivamente, aos veciños e veciñas que estean empadroadas no Consistorio. 

As clases desenvolveranse todos os luns e mércores, entre as 19,00 horas e as 21,00 horas da noite. O lugar escollido para a formación, que comezará en novembro, será a planta baixa da Casa da Cultura da localidade. 

Dende o Concello de Sandiás informouse de que xa está aberto o periodo de inscricións, que poderán formalizarse na propia Casa Consistorial -en horario de 09,00 horas a 14,00 horas- ou contactando co teléfono 988 45 50 01 no mesmo horario de mañá. As prazas son limitadas. 

As persoas inscritas deberán aboar 10 euros e os materiais pertinentes para a realización do obradoiro. O Concello subvencionará a iniciativa con cargo aos fondos municipais polo seu “interese sociocultural”.

Te puede interesar