Sandiás celebrou o seu Festival de Nadal, co que comezou as festas

Salón de actos do Concello.
photo_camera Salón de actos do Concello.
Continúa o Nadal en Sandiás

O pasado venres día 22 de decembro celebrouse no salón de actos do Concello de Sandiás o Festival de Nadal en colaboración co Punto de Atención Infantil, o Ceip e a Anpa do colexio.

Preto de 80 persoas asistiron o acto festivo. Unha velada-show navideño onde actuaron os nenos do Punto de Atención Infantil, os “Amigos invisibles” con nenos do Ceip de Sandiás e o show Navideño coa Animación Musical do grupo Priscila e o seu álbum “Versións de Nadal”.

Tamén visitou o Concello de Sandiás Papá Noel con sorpresas e un ágape no local social do Concello para compartir nun ambiente festivo e de fraternidade.

Próximos eventos

As actividades de Nadal continúan o venres 29 de decembro, ás 20,00 horas, na Casa de Cultura, co espectáculo de maxia (“Un día máxico”) protagonizado polo mago e ilusionista Mago Albert.

Tamén haberá contos de Nadal para os máis cativos narrados coa colaboración de Cristina, coordinadora do Punto de Atención Infantil (PAI).

O Nadal no Concello de Sandiás seguirá coa Visita dos Reis Magos, o venres 5 xaneiro pola tarde. A maiores, o Concello recupera por segundo ano a tradición do Cantar os Reis en colaboración co CDR O Viso, o venres pola mañá.

Te puede interesar