Tixós gañará seguridade cunha nova beirarrúa

inicio Baltar
photo_camera Operarios traballan no acondicionamento da nova beirarrúa.

Concretamente, executarase unha beirarrúa -de 1,60 metros de ancho- entre o punto quilométrico 12+630 e o 12+870. 

Un investimento de preto de 50.000 euros está permitindo a mellora da seguridade viaria no termo de Tixós, no concello de Baltar. Alí estase acondicionando unha senda peonil na estrada OU-304, a cal estará rematada nun periodo estimado de catro meses. 

Tal e como explicaron dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, que financia a intervención, os traballos teñen como obxectivo optimizar o tránsito peonil e o acceso ás edificacións da entrada sur do núcleo de Tixós, na súa conexión coa capitalidade municipal, mediante a construción dunha nova beirarrúa que conecte coa xa existente. Concretamente, executarase unha beirarrúa -de 1,60 metros de ancho- entre o punto quilométrico 12+630 e o 12+870. 

Por outro lado, entre o punto inicial e o 12+770 prevese tamén a execución de muretes de contención no exterior da beirarrúa e, ao longo do tramo, abordarase o acondicionamento dun colector de pluviais cos correspondentes sumidoiros e pozos para recoller a auga de escorrentía.

Te puede interesar