Xinzo promoverá cun plan hábitos de vida saudables

reunión
photo_camera Elvira Lama e Alberto Martínez xunto a Cristina Martín e María José Feijóo.
Incluirá talleres e campañas informativas

O primeiro Plan de Saúde de Xinzo incluirá talleres e campañas informativas encamiñadas a promover hábitos de vida saudables entre os veciños do municipio. Para esta finalidade continuarase traballando xunto ao Centro de Saúde da vila. 

Precisamente, a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez, mantiñan un encontro de traballo coa nova coordinadora do Servizo de Atención Primaria, Cristina Martín, e coa responsable de Enfermería, María José Feijóo. Non era o primeiro, senón que nos últimos meses, Concello e Centro de Saúde coordinaron esforzos para detectar os principais problemas vencellados á saúde neste municipio. Así, entre outras liñas, traballarase para contrarrestar a diabetes ou a obesidade infantil, así como para favorecer unha mellor nutrición, educación sexual e reprodutiva, ou a estimulación cognitiva. 

A necesidade de elaborar un Plan Local de Saúde púxose de manifesto nas derradeiras xornadas de saúde de Atención Primaria.

Te puede interesar