Trasmiras recibe a biblioteca de Isaac Alonso Estraviz

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Isaac Alonso Estraviz acompañado polo alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos Ojea.
photo_camera Emilio Pazos, Isaac Alonso Estraviz e Manuel Baltar, onte no Pazo Provincial.
O filólogo Isaac Alonso, proposto para a medalla de ouro da provincia. é o autor do "Dicionário da Lingua Galega"

A Casa da Cultura de Trasmiras albergará a biblioteca persoal dun dos seus veciños ilustres, o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz (Vilaseca, Trasmiras, 1935), autor do "Dicionário da Lingua Galega", dispoñible en internet co nome de "e-Estraviz", con máis entradas que o da Real Academia Española. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse onte no Pazo Provincial co filólogo, que ademais está proposto para a medalla de ouro da provincia. O expediente de honra para este recoñecemento está en marcha. Acompañounos na xuntanza o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos.

A Deputación provincial e o Concello de Trasmiras acordaron reformar e adaptar o salón de actos da Casa da Cultura da localidade e destinalo á biblioteca de Estraviz. Pazos sinalou o seu "desexo" de poñer a disposición da veciñanza os máis de 6.000 volumes da biblioteca do lexicógrafo. 

Baltar valorou o "xesto altruista por parte de Alonso Estraviz que hai que agradecer" e felicitou ao autor do "Dicionário da Lingua Galega" pola súa traxectoria, "ligada sempre á defensa da identidade, e polas súas investigacións, que o fan acredor e merecente dunha distinción tan importante como a medalla de ouro da provincia". 

Te puede interesar