A UNED reeditará en Xinzo o seu curso de lingua de signos

A segunda entrega desta formación terá lugar no salón de plenos do Concello entre os vindeiros 7 e 30 do mes de marzo e, para poder sumarse, é preciso ter superado a formación de iniciación ou contar con coñecementos básicos sobre esta linguaxe. 

A Universidad Nacional de Educación a Distancia reeditará en Xinzo o seu curso específico de lingua de signos que xa se celebrou na vila limiá a finais deste pasado 2022. 

A segunda entrega desta formación terá lugar no salón de plenos do Concello entre os vindeiros 7 e 30 do mes de marzo e, para poder sumarse, é preciso ter superado a formación de iniciación ou contar con coñecementos básicos sobre esta linguaxe. 

As sesións -doce en total- serán impartidas por unha intérprete e terán unha duración, cada unha delas, de dúas horas e media. En cada tema tratarase contido léxico, gramatical, sociocultural e pragmático. Concretamente, as actividades que se realizarán en cada sesión serán de comprensión e de expresión. Deste xeito, as clases desenvolveranse de forma práctica case na súa totalidade.

Xa é posible inscribirse neste curso especial que terá como obxectivo final coñecer e comprender o día a día das persoas con dificultades auditivas, saber empregar estruturas básicas de uso frecuente, comprender o vocabulario e construir frases sinxelas, así como chegar a expresar enunciados simples e compostos e participar en intercambios comunicativos breves de forma fluída.

Dende o Consistorio limiao, o concelleiro responsable da área de Servizos Sociais, Alberto Martínez, destacou o “éxito” colleitado na primeira edición do curso de lingua de signos, no que participaron unha vintena de persoas de diferentes cidades galegas.

Te puede interesar