A USC promove en Xinzo xornadas de inclusión

Entre outras cuestións, abordaranse aspectos vencellados á competencia intercultural e para a construción dunha traxectoria profesional no marco migratorio.

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Xinzo, ofrecerá unha nova opción formativa logo das xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia”  dirixidas a maiores de 50 anos. Nesta ocasión tratarase do seminario “Competencia intercultural, empregabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes” e desenvolverase os vindeiros días 28, 29, e 31 de maio no Salón de Plenos. A iniciativa estará aberta esta vez a toda a poboación. 

Entre outras cuestións, abordaranse aspectos vencellados á competencia intercultural e para a construción dunha traxectoria profesional no marco migratorio. A inserción socioeducativa como vía para a empregabilidade será outro dos temas a tratar. 

Os interesados poderán realizar a inscrición na área de Educación, Inmigración e Minorías do Concello ou no 988 550 528.

Te puede interesar