A LIMIA

Vilar de Santos investirá 80.600 euros en vivendas

Vilar de Santos
photo_camera Vista xeral do núcleo máis antigo de Vilar de Santos.

A administración local aprobou as bases reguladoras para a rehabilitación de inmobles

O Concello de Vilar de Santos vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral -ARI- da localidade, o que supón unha segunda fase para as actuacións previstas cun investimento de 80.632 euros. 

O proxecto, "ARI", que pasou a denominarse Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Vilar de Santos, delimita un ámbito e unhas prioridades de rehabilitación no que están incluídas vivendas, construccións complementarias e equipamentos, ademais das rúas e espazos públicos que conforman o núcleo da localidade.

Esta nova fase permitirá, entre outras, afrontar renovacións na estructura das vivendas, mellorar a eficiencia enerxética e a accesibilidade coas axudas económicas previstas na ordenanza. Será o Concello de Vilar de Santos quen canalice toda a información e xestione as axudas a través dunha oficina creada para esta finalidade. Entre outras cuestións, ofrecerá un asesoramento técnico continuado, informes e memorias de obras, e tramitará toda a documentación.A convocatoria de axudas estará vixente ata o 22 de abril. 

Outra das prioridades de actuación da ARI é a urbanización e mellora dos espazos públicos que a conforman, polo que nestes momentos está en execución o proxecto de mellora e humanización da rúa da Saínza, a do Forno e a do Pasadizo, cun investimento total de 215.000 euros.

Te puede interesar