CONCELLO

Vilar de Santos solicita apoio financieiro á Xunta

MN
photo_camera O alcalde de Vilar de Santos e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O rexidor, Xan Xardón, valorou de xeito "positivo" a xuntanza mantida con Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de transladarlle "as necesidades e proxectos do Concello"

O rexidor de Vilar de Santos, Xan Xardón valorou de xeito "positivo" a xuntanza mantida co máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de transladarlle "as necesidades e proxectos do Concello". Nesta liña, Xardón solicitou a colaboración da administración autonómica para emprender un proxecto de urbanización e acondicionamento das rúas e dos espazos públicos da Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Vilar de Santos. 

Por outra banda, Xardón pediu apoio ao presidente da Xunta para acometer a ampliación do Centro de Día e da Vivenda Comunitaria co obxectivo de transformalos nun Fogar Residencial. Trátase de "mellorar os servizos e dotar ao centro con novos recursos para cubrir todas as necesidades e responder a demanda existente". 
Dende o Consistorio de Vilar de Santos tamén pretenden abordar unha serie de actuacións no Museo da Limia. O obxectivo é "correxir as deficiencias propias dun edificio histórico que precisa de atencións e labores de mantemento continuadas". 

Te puede interesar