Xinzo arranxará 30 quilómetros de pistas municipais

undefined
photo_camera Un dos viais que se arranxará comunica Xinzo con Damil
Teranse que poñer a disposición do ente provincial os terreos necesarios para a realización dos traballos e a tramitación das autorizacións realizadas. 

Mediante un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia, o municipio e os pobos do seu rural verán mellorados hasta 30 quilómetros de viais nas vindeiras semanas.  O investimento será, en total, de 152.964 euros, e as obras afectarán a 20 núcleos de poboación.  Dentro do acordo, o Goberno local terá que aportar os medios necesarios para poder levar a cabo as mencionadas obras, o que se traducirá nunha aportación de 87.388 euros. 

Do mesmo xeito, teranse que poñer a disposición do ente provincial os terreos necesarios para a realización dos traballos e a tramitación das autorizacións realizadas. 

En Laróa, á altura da antiga escola -OU 304- comezará a actuación máis extensa, xa que se renovarán case catro quilómetros de firme ata o cemiterio de Faramontaos -OU 1108-. En Parada adecuaranse máis de tres quilómetros da vía que comeza no núcleo -OU 1112- ata Damil -OU 304-. Tamén se traballará en Soutelo de Pena, Pena, Porto Alto, Morgade, Baronzás, Xinzo de Limia, A Moreira, San Vitoiro, Mosteiro de Ribeira, Gudes, Lamas, Fiestras, San Pedro, Pidre, Ganade, Seoane, Moreiras, Faramontaos, Gudín, Paredes e Rebordechá. No centro da vila levaranse a cabo traballos en Os Castros ata o Gadis, e nos accesos aos institutos. “Este goberno non improvisa, todo vai rexido por un meticuloso plan de mellora de vías”, dixo Ramón Gómez, edil de Obras.

Te puede interesar