CONTROL

Xinzo captura 900 exemplares de pomba común

Unha empresa especializada acaba de rematar a primeira fase do control poboacional

A concellería de Medio Ambiente de Xinzo, a través dunha empresa externa, ven de rematar a primeira fase do "control poboacional de pomba común". Concretamente, os técnicos retiraron 900 exemplares do núcleo urbano e do seu entorno nun período de tres meses. Manuel Cabas, responsable de Medio Ambiente calificou a operación como "un éxito", e é que segundo explicou o técnico responsable do proxecto, Juan José Fraga Rey, "non agardábamos ter unha reducción tan alta en tan pouco tempo". Este feito debeuse a que "as pombas en Xinzo descansan en zonas moi concretas" polo que "foi máis doada a súa captura". Juan José Fraga apuntou que os principais focos "están ubicados no extrarradio da Vila, naves abandonadas do polígono e preto de explotacións gandeiras, onde as aves atopan comida".

O estudo inicial cifrou as especies existentes no núcleo urbano en 1.021, unha cantidade "demasiado grande para un lugar como Xinzo", segundo sinalou o técnico responsable.

O Concello contratou este servizo de "control poboacional" co obxectivo de contrarrestar o forte impacto paisaxístico que estaban a ocasionar os excrementos das aves nas rúas da localidade e, por outra banda, os riscos para a saúde derivados da existencia dun "crecemento sen control" das pombas.

Os profesionais da empresa encargada do proxecto explicaron que "o sobredimensionamento da poboación desta especie de ave en entornos urbáns pode chegar a resultar extremadamente negativa tanto para as infraestruturas urbanas como para os seus habitantes e as súas actividades económicas".Engadiron tamén que " a pomba común pode ser portadora de ata 50 especies distintas de ectoparásitos, sendo os máis comúns presentes na súa plumaxe: chinches, ácaros, pulgas e piollos".

Fraga Rey subliñou que "non se quere erradicar a poboación de pombas, se non facer un control das mesmas e unha autorregulación da poboación". Para acadar esto, as aves son capturadas en xaulas especiais de trampeo en vivo, "con comida e bebida" e trasportadas ao centro de operacións desta empresa onde, baixo a supervisión do Servizo de Conservación da Natureza, son desparasitadas e posteriormente levadas a zonas naturais de Coruña.

Te puede interesar