A LIMIA

Xinzo inicia o luns a reforma das rúas da Igrexa e do Peto

<p></p>
photo_camera Estado no que se atopa a rúa do Peto de Xinzo ubicada ao carón da Estación de Autobuses da vila.

O Concello investirá uns 170.000 euros no empedrado e renovación destes viais do casco histórico 

O Concello de Xinzo comezará a traballar este luns na reforma da rúas da Igrexa e do Peto, ubicadas no Casco Vello da vila. O obxectivo é renovar todo o sistema de saneamento e de abastecemento, así como o mobiliario urbano e a iluminación da zona. Neste senso, tamén se acometerá o empedrado destas dúas calles para que manteñan a consonancia co resto da zona histórica da capital comarcal.

A actuación iniciarase cunha serie de catas arqueolóxicas, un trámite obrigatorio ao estar ubicadas en zonas afectadas por Patrimonio. En total, o Concello investirá uns 170.000 euros nestas actuacións, dos que 60.000 corresponderán a Plans Provinciais da Deputación de Ourense e o resto a fondos propios do Concello de Xinzo. "Iniciaremos a obra na rúa da Igrexa e no canellón que está ao carón da capela, que aínda está en cemento", explicou o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. "O empedrado da rúa da Igrexa sofre roturas periódicamente, a causa do mal estado das tuberías, polo que cómpre cambiar todo o sistema de saneamento", engade.

O arqueólogo fará un estudio previo da zona para determinar se hai restos dalgún vestixio histórico. Esta análise, que terá un custo de 2.000 euros, farase primeiro na zona da Igrexa e, posteriormente, na rúa do Peto, e prolongarase entre catro días e unha semana. Acto seguido enviarase o informe correspondente a Patrimonio para dar paso ao inicio da obra, que sairá a concurso e adxudicarase nun prazo duns 15 días.

Na rúa do Peto tamén se procederá a renovar todo o sistema de saneamento e abastecemento, así como o cambio das luminarias e a introdución de novo mobiliario urbano. "Tamén poñeremos pedra nesta rúa co obxectivo de que toda a zona vella quede do mesmo xeito", explicou o alcalde de Xinzo."As dúas obras eran moi necesarias, e se todo vai ben comezarán inmediatamente", engadiu. 

Te puede interesar