RECOÑECEMENTO

Xinzo rendirá homenaxe aos autores da desecación da lagoa

<p></p>
photo_camera Panorámica das terras que ocupan o lugar que deixou a Lagoa de Antela.

Coincidindo co 60 aniversario deste feito o Concello quere reunir aos traballadores que a levaron a cabo 

Representantes do Concello de Xinzo homenaxearán aos "primeiros laguneiros" que chegaron a terras limiás en 1958 para a facer os traballos de desecación da Lagoa de Antela. Con motivo do 60 aniversario da aprobación do decreto que regulou este proceso, a capital comarcal fará un recoñecemento a aqueles homes e mulleres que chegaron a través do Instituto Nacional de Colonización e procedentes de distintos puntos do país, sobre todo de Castela A Mancha, pero tamén doutros como Navarra, Andalucía ou Extremadura.

Moitos daqueles traballadores que iniciaron un proxecto de vida en Xinzo e noutros municipios da comarca, serán homenaxeados nunha data aínda por confirmar. "Yo llegué a Xinzo en el año 63, cuando ya estaba la laguna prácticamente seca", recorda Antonio, responsable de persoal de Tragsa -que por aquel entón denominábase Instituto Nacional de Colonización- durante os traballos de desecación. "Lo que pasa es que todo el proyecto comenzó a partir de ese momento, cuando se delimitaron las distintas parcelas y desagües", engade.

Aínda que o Instituto realizou actuacións similares en todo o territorio nacional, a desecación do humedal antelano foi unha das obras máis potentes. "Hicimos actuaciones en unos 300 pueblos, en fincas expropiadas de la península", recorda Antonio. "Empezamos a trabajar en a Limia en septiembre del 58 y las últimas actuaciones las vinimos haciendo sobre el año 73", engade.

O obxectivo desta actuación foi crear más 300 parcelas de cultivo de entre sete e 10 hectáreas de amplitude pero, nun primeiro momento, non foi moita a xente da comarca que as solicitou. "Fue una época en la que la mayoría de los vecinos de la zona preferían emigrar y no comprometerse a trabajar las tierras, pero los que adquirieron terrenos tuvieron mucha suerte porque éstos acabaron revalorizándose", matiza Antonio. "Se compraron por una cantidad muy baja, unas 350.000 pesetas, y después se vendieron por sumas considerables de más de siete millones de pesetas. Para mucha gente fue un negocio", engade.

A finais dos 60 se acadouse o máximo de traballadores no proxecto, uns 70. Os que quedan A Limia poderán reunirse próximamente.


O Museo da Limia promoverá unha mostra


O padroado do Museo Etnográfico da Limia tamén se sumará á conmemoración do 60 aniversario dos traballos de desecación da Lagoa de Antela promovendo unha mostra de imaxes extraídas do libro "A memoria asolagada" coordinado por Xosé Luis Martínez Carneiro. A entidade limiá conserva esta colección e a idea é volver a instalala nas vindeiras semanas. "Queremos tela un tempo no Museo da Limia e despois cedela á Casa da Lagoa de Sandiás e ao Museo Galego do Entroido de Xinzo", explica Delfín Caseiro, presidente do padroado. "A memoria asolagada" é, segundo Caseiro, "a crónica dese ben que desaparece, un espazo de auga e unha recreación de como era a vida mentres existía a lagoa". O libro, feito de maneira conxunta por varios fotógrafos e autores, tamén recolle as instantáneas dos traballos que se fixeron para converter en terra o que antes era auga. Caseiro recorda aos "laguneiros" como aquelas persoas chegadas de fóra da Limia que fixeron un tipo de traballo ao que a xente nativa "non estaba moi acostumada". "A desecación foi, sobre todo, traballar no canal quitando terra e facendo plataformas de proteccións con pedra e arames para que non se caeran as ladeiras do canal", explica Delfín Caseiro. "Despois xa se distribuiron as parcelas", engade.

Te puede interesar