A Xunta dá axudas para o desenvolvemento rural

O conselleiro de Medio Rural visitou onte unha explotación gandeira no concello de A Peroxa.
photo_camera O conselleiro de Medio Rural visitou onte unha explotación gandeira no concello de A Peroxa.

O programa que busca dinamizar os concellos menos poblados e mellorar as perspectivas laborais, entre otras cousas 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha concesión de axudas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural. A través deste programa, ofrécense actividades formativas e de intercambio de coñecementos entre xente moza e persoas maiores, co obxectivo dinamizar os concellos menos poboados, incentivar a participación social activa das persoas maiores e mellorar as perspectivas laborais da xuventude.

No apartado de entidades locais, as propostas que recibirán fondos deste programa para o seu desenvolvemento foron presentadas todas elas por concellos da provincia de Ourense. En concreto, os beneficiarios son a agrupación de concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga; e, a nivel individual, as iniciativas impulsadas polas corporacións municipais da Veiga, Laza e Nogueira de Ramuín. 

Pola súa parte, as entidades de acción voluntaria beneficiadas son: a Escola de Tempo Libre Colaxe, a Asociación Limisi para a promoción das persoas con diversidade funcional da comarca da Limia, a Fundación Amigos de la Barrera e a Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural (Adec). 

Esta é a segunda edición deste programa, vinculado co proxecto piloto Talento Interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU). Na primeira edición apoiáronse 18 proxectos que permitiron poñer en contacto a mozos de entre 16 e 35 anos e persoas maiores de 55 para que intercambiaran coñecementos e intereses en ámbitos como a nova economía dos coidados, a recuperación de actividades ou oficios, a produción agroalimentaria.

Te puede interesar