EMPREGO

A Xunta regula e planifica a explotación das areeiras

Esta iniciativa supón a posta en marcha dun proxecto que pretende impulsar a actividade das nove industrias mineiras da comarca da Limia

O Consello da Xunta deulle onte luz verde á declaración de supramunicipalidade dun proxecto sectorial para ordenar e planificar a longo prazo os traballos nas explotacions areeiras nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos. Esta iniciativa supón a posta en marcha dun proxecto que pretende impulsar a actividade das nove industrias mineiras da comarca da Limia, que dan emprego, de xeito directo e indirecto, a 240 persoas e producen tres millóns de toneladas de area ao ano, planificando a explotación racional dos recursos e unha restauración progresiva dos terreos.

O proxecto someterase agora a información pública e remitirase á Consellería de Medio Ambiente, para a súa tramitación ambiental. Neste proceso contarase coa opinión dos organismos preceptivos, darase tamén audiencia aos concellos afectados e culminará coa aprobación final por parte do Consello da Xunta. 

Te puede interesar