Seguridade vial

400 firmas para que se pise freno por Vilaboa

Estrada OU-0108, que une a vila do Arnoia cos concellos veciños de Xunqueira de Ambía e Maceda.
photo_camera Estrada OU-0108, que une a vila do Arnoia cos concellos veciños de Xunqueira de Ambía e Maceda.
Os veciños piden medidas ante a elevada velocidade dos condutores neste tramo viario

Unhas 400 firmas foron entregadas á Deputación de Ourense, como titular da estrada OU-0108, que une Allariz cos concellos veciños de Xunqueira de Ambía e Maceda, para que tome medidas ante a inseguridade que provoca a elevada velocidade que toman os condutores neste tramo viario. Así o poñen de manifesto os veciños da zona.

Trátase dunha recta, uns 400 metros ao seu paso polo núcleo de poboación, onde a velocidade está limitada a 50 kilometros por hora. Pero os veciños aseguran que son poucos os que respectan ese límite.

Na aldea, con vivendas a ambos os dous lados da estrada e uns 80 veciños, dos cales dez están en idade escolar, urxen medidas que protexan aos peóns. Patricia Soto Ramos, vicepresidenta da Asociación de Veciños de Vilaboa, declarou que “a normativa da DGT di que si a velocidade xenérica da estrada é de 90 kilómetros por hora non se permite poñer un badén. É unha locura, hai que cambiar esta normativa”. Pola parte da Deputación, a valoración foi a seguinte: “Los servicios técnicos de la Diputación entienden que no hay razones objetivas para considerar que el tramo sea peligroso para los peatones o para considerar que existe riesgo para la seguridad viaria. No obstante, el Área de Infraestructuras de la Diputación mantiene una atención constante para, si fuese necesario en algún momento, estudiar la adopción de medidas”.

Te puede interesar