ENTREVISTA

Celia Pereira: “Queremos manter vivos os lazos que temos na Fundación con Portugal"

Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco dende fai tres anos, repasa a traxectoria da Fundación.
photo_camera Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco dende fai tres anos, repasa a traxectoria da Fundación.

Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco dende fai tres anos, repasa a traxectoria da Fundación

Cando xurdiu esta Fundación?

Xurdiu en abril do ano 1995, así que dentro dun ano cumprimos 30. Daquela todavía vivía Antón Risco, o fillo de don Vicente, xunto cun grupo de amigos que están na Fundación. O primer problema  foi a sede, xa que a familia de Risco vendera a casa de Castro Caldelas. O Concello de Allariz comprou a casa onde está actualmente a sede, que era a casa da familia da muller de don Vicente. Houbo que rehabilitala e a partir de aí comezou o percorrido da Fundación.

Conmemoráchedes o aniversario da Revolución dos Cravos…

A actividade realizouse debido o seu 50 aniversario. Consistiu nun recital de poesía, a cargo de Burghard Baltrusch, que é o director da I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo. Foi unha exposición de “50 Poemas de Abril” e “Poesía na Rúa”, que todos teñen como temática común a Revolución dos Cravos, pero son de distintas autorías. A xente que nos acompañou puido levarse un poema. Tamén tivemos música coas “Cantigas de Abril”, que son cantigas portuguesas ao redor da revolución, a cargo de Canaverde. Todo isto foi acompañado de viño e petiscos de Portugal, para conmemorar o día. Esta iniciativa xurdiu porque nós mantemos o legado de Vicente Risco e o seu fillo Antón. Don Vicente foi un destacado membro da Xeración Nós, director literario da revista. Estas persoas tiñan un vínculo grande con Portugal. Coa lingua, coa cultura, con figuras do seu momento. Pareceunos unha ocasión estupenda para tender pontes cara Portugal, xa que a Fundación vén facendo isto dende os seus inicios, e non queríamos deixar pasar a ocasión de manter vivos esos lazos, cunha cultura e cunha lingua que é tan próxima a nosa, que tan próxima foi que deu orixe a súa.

Con Portugal tendes realizado máis actividades?

Sí, o ano pasado fumos a Guimarães, presentábamos a obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, e o ano pasado acollimos tamén unha exposición de postais de Oporto na nosa sede. Este tipo de actividades son bastante fluidas e ao redor da Revolución dos Cravos aproveitamos o seu aniversario para colaborar coa Cátedra José Saramago, para conmemorar os valores cívicos e democráticos que supuxeron nunha revolución na que non houbo violencia. Uns ideais que teñen que ver co legado que temos na Fundación e que temos a obriga de continuar divulgando na actualidade para a sociedade de hoxe.

Que máis actividades ides a desarrollar ao longo do ano?

O 10 de maio imos acoller unha presentación dun libro de Anxo Rabueñal, que titúlase “O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao”, que vai estar acompañado de Bieto Iglesias. Ademáis, iste ano todo o que estamos facendo tamén estase enmarcando na conmemoración do 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco, que se producirá o 30 de setembro. Tamén temos o “X Ciclo de Música de Cámara Neoartistiñas”, coordinado polo pianista Brais González que abrirá o ciclo dos catros concertos coa frautista Laura Lorenzo, o día 11 de maio.

Te puede interesar