EVENTOS

II Xornadas para Familias con música, charla e merenda

Uxía Fernández e Tania Álvarez, na presentación das xornadas.
photo_camera Uxía Fernández e Tania Álvarez, na presentación das xornadas.
Terán lugar do 4 ao 15 de maio no Fogar dos Maiores, nun esforzo conxunto por fortalecer os lazos familiares 

O Concello de Allariz presentou as II Xornadas para Familias baixo o lema “Convivencia(s): Acompañando na Crianza”.

Estas xornadas terán lugar do 4 ao 15 de maio no Fogar dos Maiores, nun esforzo conxunto por fortalecer os lazos familiares e promover o benestar integral das familias da nosa comunidade.

A programación comeza co sábado 4 de maio, ás 11,00 horas, coa inauguración das xornadas coa presentación a cargo de Tania Álvarez Ayán, concelleira de Benestar Social, e Uxía Fernández Cordeiro, Educadora Familiar.

Ás 11,30  horas, taller de música, contos e danza, impartido por Getse Valenzuela, mestra especialista en música. Dirixido a nenos e nenas de 2 a 8 anos. 

O venres 10 de maio, de 18,00 horas ás 19,30 horas, charla “Novos Retos Acompañando Adolescencias”: con Vanesa Pousada, Psicóloga Xeral Sanitaria, Psicopedagoga e Sexóloga.

O sábado 11 de maio, de 11,00 horas a 12,30 horas, coa charla “Etapas Evolutivas dos Nenos e das Nenas na Infancia e a Adolescencia”, impartida por Raquel Penín Devesa, Psicóloga e Psicopedagoga. Haberá servizo de canguraxe dispoñible.

O domingo 12 de maio, de 11,00 horas a 13,30 horas, xincana en familia cun percorrido por varios puntos da vila, onde as familias terán que ir superando diferentes retos.

O mércores 15 de maio terá lugar a “Festa do Día Internacional das Familias”, ás 17,30 horas, con “Piquenique: ¡Vén merendar en familia!”, para desfrutar dunha merenda no xardín do Fogar dos Maiores.

Ás 18,00 horas, festa das familias, “Déixalle ao DJ”, espectáculo de teatro e música para toda a familia a cargo de A Run Run, con Eva Tato e Galicia Gutiérrez

Te puede interesar