Aberto o prazo de inscripción para os concursos gremiais do 'boi'

A Asociación Cultural Xan de Arzua, organizadora da Festa do Boi que se desenvolverá en Allariz entre o 25 de maio e o 2 de xuño, informaba onte da convocatoria do 'IV Concurso de Sobremesas do Boi' e a terceira edición do 'Recital de Trobadores'. Ámbolos dous certames están abertos á participación de todolos gremios que integran a procesión medieval de Xan de Arzúa, que se celebrará o domingo día 26 de maio a partir das doce da maña.
A sobremesa do xantar medieval que se desenvolverá na Barreira será o escenario da presentación dos postres do concurso de repostería. Nesta edición, o ingrediente imprescindible será o chocolate, un produto de gran tradición en Allariz, que tivo fábricas deste doce durante décadas. O xurado avaliará a sobremesa en si (sabor, presentación, orixinalidade, ...) e tamén a presentación que cada gremio faga da súa creación reposteira.


ABERTO AO PÚBLICO

Ao remate, terá lugar o espectáculo do 'Recital de Trobadores'. Cada gremio interpretará unha coreografía, montada sobre unha música orixinal ou adaptada, confeccionando unha letra. O espectáculo musical e reposteiro estará aberto ó público, que pode contemplar a posta en escena no palco que a tal fin se instalará no Campo da Barreira.

Dende a asociación lembran que o xantar medieval da Barreira disporá, como é habitual, de dous recintos: un para os gremios e os convidados que acudan vestidos acorde á época medieval e outro para o resto do público con postos de polbo á feira e churrasco.

Te puede interesar