Entrevista

Adrián Rodríguez: “Ser sacerdote nunha vila como Allariz impón, aquí hai moita actividade"

undefined
photo_camera Adrián Rodríguez ás portas da Igrexa de San Benito, en Allariz.
Recibiu a orde no mes de agosto e a vila alaricana é o seu primeiro destino. 

Adrián Rodríguez recibiu a Orde Sacerdotal o pasado mes de agosto e tivo en Allariz o seu primeiro destino. Forma equipo con Néstor Álvarez, que exerce de moderador. Ambos substituiron a Manuel Rodicio, párroco da vila alaricana durante dous anos e moi querido polos seus veciños. O reto foi dobre para este graduado en Dirección e Administración de Empresas que sempre estivo vencellado á vida parroquial de Coles. 

Dous desafíos: iniciar a súa andanza como sacerdote e facelo nunha vila esixente en todos os sensos, tamén no relixioso. ¿Como o está a levar?

Ben. É verdade que ao comezo tiñamos un pouco de temor porque había xente moi afectada pola marcha de Manolo, nativo de Allariz. A min, persoalmente, alegroume aquelo porque significaba que a xente quería ao seu cura. Por outra banda, unha vila como Allariz impón. Aquí hai un nivel de catequese medio-alto, e unha actividade de Cáritas moi importante.

Malia aquel malestar, os fieis recibíronos ben. 

Temos que dicir que a xente da parroquia acolleunos xenial. Sentímonos moi queridos e apreciados. A xente, soamente polo feito de sermos curas, xa nos quere. 

Ademais recibiu a orde en plena pandemia. 

É certo que co feito de ordearme na pandemia, moitas veces cando estou celebrando misa e o fago solo e sen mascarilla xa parece que non sei celebrar (ri). 

Tería moitas ideas que non poderá desenvolver nestes intres por mor desta situación... 

Si, moitas cousas que poderías levar a cabo cos xóvenes, cos rapaces... Houbo que paralizalo todo. Mantemos a actividade de culto pero dentro das posibilidades que temos. 

A pesar de todo, ¿cómo está a actividade parroquial en Allariz? 

Aquí durante moitos anos traballouse moito e é algo que se nota porque hai xente moi implicada e moi boa, moi de fe. 

Centrándonos en vostede, ¿qué o moveu a ingresar na actividade relixiosa?

Sempre tiven unha relación cercana coa miña parroquia natal. A vocación do sacerdocio a tiven dende sempre pero tardei en descubrila. Pensei nos motivos para non seguir este camiño, e non os atopei.  

Entrou no seminario logo de rematar a carreira. 

Si, e aínda estiven traballando uns anos antes de facelo. 

Conserva a todos os seus amigos de antes? 

Si, eu son o mesmo. Ademais na ordenación xunteinos a todos. Foi moi emocionante para min. 

Cal é o seu obxectivo como sacerdote?

Hai necesidade de Deus no mundo e nós podémolo traer na eucaristía.

Que cre que pode facer a igrexa para recuperar fieis e persoas que, coma vostede, decidan adicar a súa vida a Deus. 

Quizáis non ser tan herméticos, achegar a nosa actividade a todo o mundo. É certo que hai menos vocación para o sacerdocio e menos afluenza á eucaristía, pero tamén para outras moitas cousas. O sacerdocio implica compromiso e hoxe, unha das cousas que mais costa, en xeral, é o compromiso. A perda deste último pode ser consecuencia da perda do anterior. O cristianismo sempre tratou de salvagardar estas cousas: o respeto aos pais, ó núcleo familiar, ó compromiso na amizade, no matrimonio. A baixada da práctica cristiá ao final vai derrumbando outros valores.  

Cal puido ser ese detonante para a ruptura coa fe? 

Na vida hai ciclos, tamén na espiritual. Quizais agora hai unha vida máis lonxana á fe, pero virá outro momento no que a recuperemos. A relixión segue aí, seguimos aquí. Nos toca vivir unha época de menos xente, pero de máis calidade.

Te puede interesar