Alfombristas de Ponteareas farán unha creación en Allariz

Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas
photo_camera Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.
Recrearase o rosetón da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas. 

Alfombristas de Ponteareas e doutras localidades galegas achegaranse ata a vila alaricana este sábado, día 22 de maio, para elaborar unha creación especial enmarcada no proxecto Alfombra para o Camiño. 

Á iniciativa da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Allariz foi escollida como representante do Camiño da Prata e acollerá na xornada do sábado a confección dun manto floral que se localizará na Praza de Abaixo. 

Nesta ocasión e tal e como informaron dende o Concello de Allariz, a alfombra que se vai a elaborar na vila será unha reprodución do rosetón da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, entorno polo que transcorre a Vía da Prata e que pretende converterse no segundo núcleo turístico do municipio alaricano -segundo apuntaron dende o Goberno local- pola súa singularidade e patrimonio material e inmaterial.

Te puede interesar