Allariz acollerá un obradoiro de cultivo de cogumelos

Entre outros contidos, os participantes coñecerán en profundidade os fungos, así como o xeito de acadalos dun xeito sinxelo.

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz promoverá a celebración dun obradoiro de cultivo de cogumelos en troncos o vindeiro sábado, día 5 de novembro. A cita será na sede da fundación, na localidade de Paciños (Allariz), entre as 10,00 horas e as 14,00 horas; e entre as 15,30 horas e as 18,30 horas. 

Entre outros contidos, os participantes coñecerán en profundidade os fungos, así como o xeito de acadalos dun xeito sinxelo. Neste senso, abordarase o modo de obter as sementes e de recolectar os cogumelos. 

As persoas interesadas en anotarse ou obter máis información previamente poderán contactar coa fundación no enderezo [email protected] ou no teléfono 988 43 61 82. 

Os alumnos, unha vez finalice o obradoiro en Paciños, levarán cadanseu tronco sementado e micelio para vindeiros cultivos.

Te puede interesar