CONCELLO

Allariz amplía en tres anos o prazo para amortizar dous créditos

O acordo foi adoptado no transcurso dunha sesión plenaria extraordinaria e urxente que celebrou a Corporación municipal

A corporación municipal de Allariz aprobou onte sendas addendas aos contratos de préstamo que ten suscrito con Caixa Bank e Banco de Santander, polo que se modifica o periodo de amortización -tres anos- e un periodo adicional de carencia -outros tres anos-, que foron promovidas polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

O acordo foi adoptado no transcurso dunha sesión plenaria extraordinaria e urxente que celebrou a Corporación municipal e foi respaldado polos votos do grupo gobernante, o BNG, e a concelleira do PSOE, mentres que o grupo do Partido Popular decidíu absterse.

Esta medida, autorizada polo Ministerio de Facenda e Función Pública, permite ao concello ampliar en tres anos o periodo de pago e carencia dos créditos de pago a proveedores. Esta medida supón "unha flexibilización moi importante para o Concello á hora de afrontar estos pagos", segundo sinalaba o alcalde alaricano, Francisco García.

O Concello de Allariz ten contratado, desde o 5 de decembro de 2013, un crédito coa entidade financieira  Caixa Bank, préstamo do que a 31 de decembro de 2016 restaban por pagar 1,2 millóns de euros.

Con respecto ao crédito co Banco de Santander, contratado en maio de 2012, restaban por pagar a 31 de decembro pasado algo máis de 1,8 millóns de euros.

Te puede interesar