Allariz convoca aos artistas da Semana Santa ao Vivo

Casa da Cultura en Allariz.
photo_camera Casa da Cultura en Allariz.
O prazo de inscrición para esta edición en Allariz estará aberto dende o luns 15 de xaneiro ata o día 16 de febreiro ás 14,00 horas

A área de Promoción Económica do Concello de Allariz abriu o prazo de inscrición para os artistas que desexen participar no programa cultural da Semana Santa ao Vivo 2024.

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural, que conxuga arte, tradición e cultura.

Entre o 28 e o 31 de marzo, as rúas do casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais, para amenizar o paseo de veciños e visitantes.

Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras actividades culturais.

O prazo de inscrición para os artistas estará aberto dende o luns 15 de xaneiro ata o día 16 de febreiro ás 14,00 horas.

Os artistas que queiran participar é preciso que envíen un formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar na páxina web do Concello de Allariz: www.allariz.gal/semanasantaaovivo.

A selección dos artistas será comunicada polo Concello de Allariz ás persoas inscritas, a través de correo electrónico, o día 23 de febreiro.

Te puede interesar