Allariz inaugurou unha escultura adicada ao Boi

<p></p>
photo_camera O alcalde, Francisco García, diríxese aos asistentes tras descubrirse a escultura.

Realizada en pedra, está ubicada na Alameda e é obra de Emilio García

A vila de Allariz xa empeza a respirar o ambiente da Festa do Boi. As rúas comezan a engalarse para esta celebración e xa se pode ver polas mesmas as teas que decoran o casco vello, polo que, en poucos días, comezaránse a sentir as carreiras do boi.

Onte pola tarde tiña lugar unha das actividades programadas nos prolegómenos desta edición, na que se conmemorarán os 700 anos de historia desta Festa. A Alameda alaricana acollía a inauguración dunha escultura dedicada o boi, o verdadeiro protagonista desta celebración. A escultura, de pedra, é obra do escultor alaricano Emilio García Valenciano.

O acto estivo organizado polo Concello, co apoio da Asociación Xan de Arzúa e a Fundación Vicente Risco, e no mesmo tomaron a palabra o propio escultor e o alcalde alaricano, Francisco García, quen rematou a súa intervención recitando un poema de Manuel María titulado "O boi".

Moitos veciños e visitantes que paseaban pola Alameda se sumaron ao acto de descubrimento da escultura, que contou coa actuación do grupo musical Ensamble Hotteterre e os músicos alaricanos Andrés González e Abraham Herreros, que interpretaron unha creación melódica dedicada ao boi.

As inauguración da escultura sitúase nas portas dunha Festa que se poñerá en marcha o próximo sábado, 10 de xuño, cando cara á mediodía, cheguen os bois a San Salvador desde Penamá. En San Salvador terá lugar o tradicional xantar campestre, antes de que a media tarde se poña en marcha a camiñada cos bois ata Paicordeiro, onde se escenificará o trato do boi, e de seguido, iniciarase a baixada ata o campo da Barreira para, ás 20,30 horas, proceder á Proba dos Cois, co que se abrirá toda unha semana chea de actividades na que o boi será o gran protagonista.

Te puede interesar