Allariz inicia a novena na honra de San Benito

Prolongarase ata o vindeiro domingo, día 21 de marzo

Os fieis alaricanos celebrarán dende o pasado venres, día 12 de marzo, e ata o vindeiro domingo, día 21 de marzo, a novena na honra a San Benito, patrón da vila. 

As oracións, tal e como informaron dende a Unidade Parroquial de Allariz, terán lugar ao longo dos próximos días laborables ás 08,30 horas da mañá, e ás 19,00 horas da tarde -a excepción do venres 19 de marzo, San Xosé, que serán ás 10,00 horas e ás 19,30 horas-. 

Por outra banda, o sábado as citas relixiosas celebraranse ás 11,00 horas da mañá e ás 19,00 horas da tarde, e o domingo, día 21, ás 10,00 horas, ás 12,00 horas e ás 19,30 horas. 

Por último rezarase o Rosario media hora antes da misa das tardes e haberá posibilidade de realizar confesións.

Te puede interesar