PROVINCIA

Allariz marca os edificios do patrimonio municipal

Allariz_result
photo_camera Sinalización do edificio que acolle o Museo da Moda na vila alaricana.

O valor catastral destas construccións supera os 1,5 millóns de euros

O Concello de Allariz está a sinalizar todos aqueles edificio singulares que integran o patrimonio municipal, un total de 20 edificacións ás que se lle coloca unha placa distintiva da titularidade municipal. Segundo sinala o Concello, estes inmobles son espazos singulares, como é o caso da Fábrica dos Nogueiras, na que está ubicado o Museo do Coiro; o muíño Acea da Costa, convertido en restaurante; a Casa de Castro Oxea, que acolle o Museo da Moda de Allariz; o Centro Social O Portelo, que na planta baixa acolle o Museo Galego do Xoguete, xunto a outros espazos como a pousada Torre Lombarda, a Casa do Boi, a Fábrica de Vilanova, a Casa Museo Vicente Risco ou o Muiño do Burato.

Outros edificios sinalizados polo Concello son A Paneira, na Praza Oaior, ou o Museo Iconográfico Aser Seara, a adquisicións recentes, como o futuro Centro da Idade Media, no Castelo, ou propiedades nas marxes do Arnoia, como o muíño da Acearrica, que forman un conxunto de espazos singulares que, sumados aos inmobles que acollen servizos públicos, como a Casa da Cultura, a Escola Infantil ou o Fogar dos Maiores, proporcionan, segundo asegura o alcalde, Francisco García, "un valor histórico extraordinario que permite garantir para o futuro un legado arquitectónico considerable, con especial atención nas edificacións etnográficas".

O valor catastral desdes inmobles ascende a máis de 1,5 millones de euros, un patrimonio municipal que se completa co solo industrial de Chorente, con máis de 40.000 metros cadrados urbanizados, e os equipamentos situados nas marxes do Arnoia e que suman máis de 13 hectáreas de superficie.

Te puede interesar