OCIO

Allariz pechou a súa mellor feira de todo o outono

20171112202301539_result
photo_camera O pavillón do IES da vila alaricana rexistrou unha renovable afluenza de público durante todo o día.

Se o sábado a asistencia foi superior á da edición anterior, onte o pavillón rexistrou cheos

Allariz pechou no día de onte una das feiras do seu outono máis concorridas dos últimos anos. Foi cara o mediodía de onte cando se rexistrou a maior asistencia de toda a fin de semana, favorecendo a venda dos postos instalados onde algúns víronse na obriga de repoñer existencias para encamiñar as derradeiras horas da xornada. 

Conchi Zúñiga ensinou como cociñar cogumelos ó tempo que o xurado elexía á mellor tapa fría que lle daría ó seu elaborador un suculento premio en metálico de 150 euros.

Pouco antes de pechar as portas por este ano, a organización deu a coñecer os premiados no dobre concurso que por primeira vez se programou dende que este certame viu a luz hai xa máis de dúas décadas. O galardón ó mellor posto de venda da feria foi para o produtor Marcos Atrio e Xesús Fariñas, de Mel da Ziralla. 

Tamén o Concello de Allariz quixo premiar á mellor oferta culinaria desta edición. Neste caso, o queixo do Rexo foi elexido como o produto estrela do 2017.

Te puede interesar