RECICLAXE

Allariz reforza e amplía as illas que creou para a compostaxe

01.02.17.ALLARIZ.ILLAS DE COMPOSTAXE.
photo_camera Preparativos para facer unha nova illa de compostaxe na zona de Santán.

Aumenta a dotación inicial destes espazos e crea zonas anexas para a recollida de residuos vexetais

Cando pronto se vai cumplir un ano da posta en marchado programa de reciclaxe e separación de materia orgánica, o Concello de Allariz está a acometer unha nova fase coa ampliación do servizo que se prestaba ata agora. Así, segundo comentaba onte o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo  Varela, o Concello está a acondicionarunha nova illa de compostaxe na urbanización de  Santán, que estaba sen cubrir ata hoxe.

Outra tarefa que se está a acometer é a ampliación dalgunha das illas que se puxeron en marcha en abril do ano pasado. Os contedores instalados nas mesmas son insuficientes para acoller todos os residuos que depositan os veciños. Así está a acontecer coas illas instaladas en zonas como O Foxón ou a estrada de Santa Mariña. "Este é algo moi positivo, pois da idea de que a xente se involucrou no proxecto de reciclaxe e separación de materia orgánica e están concienciados", afirma Bernardo Varela.

Simultáneamente, os operarios municipais están a acondicionar espazos anexos a estas illas para que os veciños poidan depositar restos de poda, de xardinería ou herba procedente de xardíns. O Concello estaba a notar, segundo sinala Bernardo Varela, que moitos vecinos estaban a depositar estes residuos vexetais ao lado dos contedores existentes nas illas. Por eso, nestes momentos xa se está a proceder  ao acondicionamento de espazos anexos para este fin nas illas existentes na rúa Rosalía de Castro, a ubicada nas inmediacióón do centro médico e a situada na Rúa da Laxa.

O programa RE de reciclaxe e separación de lixo e materia orgánica púxose en marcha no mes de abril de 2016. O obxectivo era reducir os residuos a nivel local, conseguir unha correcta separacion para favorecer a reciclase e poder compostar no propio Concello e por ultimo, tratar a materia orgánica para producir abono.

Te puede interesar