Allariz rexeita o peche do albergue de peregrinos

Na orde do día tamén se aprobou a adhesión do Concello ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

A Corporación municipal de Allariz acordou dirixirse á Xunta para que manteña o servizo de albergue do Camiño de Santiago que se estaba a prestar en dependencias do convento de Santa Clara. Este foi un dos acordos que adoptou o Pleno l na sesión ordinaria que celebrou onte pola tarde. O grupo de goberno municipal, o BNG, plantexou unha moción na que sinala non entender por que se pechou o albergue, o que está a crear numerosos trastornos aos camiñantes, polo que reclama a súa reapertura.

Na orde do día tamén se aprobou a adhesión do Concello ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Así mesmo, foron declarados como días festivos locais de 2018 o Martes de Entroido e o venres da semana da Festa do Boi.

A Corporación tamén aprobou unha moción do BNG, na que insta o establecemento dun plan único de investimentos e servizos para os concellos de menos de 20.000 habitantes por parte da Deputación. Tamén se aprobou unha moción do PSdeG moi semellante á anterior, e na que reclama "unha distribución obxectiva e transparente do Plan ünico para os Concellos por parte da Deputación provincial.

Tamén se debatiu na sesión plenaria unha moción do PP sobre a ocupación ilegal de inmobles.

Te puede interesar