Entrevista

Ana Pérez: “Moitos estamentos non toman en serio o tema da violenca de xénero"

Allariz
photo_camera Ana Pérez Cardoso, en Allariz.

A técnica de Igualdade do Concello de Allariz mellora a resposta ás vítimas centran o protocolo contra a violencia de xénero

Articular o traballo entre as distintas institucións que interveñen ou detectan casos de violencia machista (Garda Civil, Policía Local, centro de saúde, servizos sociais, colexios e instituto) e mellorar a resposta ás vítimas centran o protocolo contra a violencia de xénero do Concello de Allariz do que é coordinadora Ana Pérez Cardoso.


Cal é o obxectivo do protocolo?
Ofrecer unha resposta máis acertada, rápida e articulada aos casos de violencia de xénero. Tamén está a necesidade de ter unha implicación real para con este fenómeno dende todas as institucións que poden ter relación, de aí a creación da Mesa de Coordinación e Traballo na que traballaremos na prevención e no coñecemento. 

Como tal foi a acollida?
Moi boa e houbo moita implicación por parte dos e das profesionais implicadas. Ademais a nivel social, tivo grande repercusión e, en concreto para as mulleres en situación de violencia, representa un documento que “asegura” unha intervención rápida, coordinada e non revictimizante.


Estamos a vivir una etapa complicada con moitos asesinatos,  como o vivides dende os servizos sociais municipais?
O momento que estamos a vivir amosa que dende moitos estamentos o tema da igualdade, e polo tanto da violencia de xénero, no está a ser tomado en serio, e deberiamos realizar unha reflexión máis profunda se pensamos e tentamos analizar o por qué. Aquí poderiamos facernos preguntas: existe unha vontade real de que exista a igualdade entre homes e mulleres? En qué medida se realizan intervención dende a perspectiva de xénero? Se teñen en conta as ideas dos feminismos para previr e intervir en estas situacións? Se fose outro colectivo o asesinado, pasaría o mesmo? Seguimos cun modelo educativo-socializador que segue a fomentar a desigualdade?...


Cal é a situación en Allariz? 
A situación no Concello é representativa da realidade máis macro, xa que non podemos decir cifras se pensamos nas que non teñen denuncia, nas que sí a teñen, nas que acoden a recursos privados, nas que non coñecemos… A clave está en repensar o modelo de vida que temos para mudar os plantexamentos iniciais e cuestionar así cómo queremos vivir e qué mundo queremos. Debemos comezar a traballar de forma cooperativa todas as persoas, porque o persoal é político e unha sociedade que mira para outro lado ante esta situación, é unha sociedade "enferma", teremos que curala pois!.

Te puede interesar