A antesala dos Mestre Mateo premia o filme "O home e o can"
Allariz acolleu a xuntanza de finalistas desta edición dos premios audiovisuais
A vila alaricana acolleu onte a xuntanza de finalistas dos XXI Mestre Mateo, a antesala da gala de entrega de premios que se celebrará en Ourense o 11 de marzo. Na cita foron premiadas as longametraxes “O corpo aberto”, “Velntina” e “O home e o can”, a serie “Rapa” e a curtametraxe “La entrega”.
A xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual estivo representada por Álvaro Pérez, o seu presidente; Carmen Méndez, tesoureira, e Saamira Ganay, a secretaria. Eles foron os encargados de dar a benvida aos finalistas no hotel Oca Vila de Allariz, para despois acompañalos nunha visita guiada polos lugares más emblemáticos da localidade. Na cita tamén estiveron presentes a súa alcaldesa Cristina Cid, María López, concelleira de Promoción Económica; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Patricia Torres, deputada de Cultura en Ourense, e outras autoridades galegas.
Previo a entrega de premios, os asistentes desfrutaron dun menú degustación a cargo de Cociña Ourense e brindaron con viño da DO Ribeiro. O primeiro premio que se entregou foi o Premio Abanca ao impulso da sostibilidade para “O corpo aberto” por “ter presente durante as etapas de desenvolvemento e produción o impacto ambiental desde os diversos procesos que rodearon ao filme”, explicou Sergio Martínez, xerente de marketing de Abanca na entrega do galardón.
Marcial Gende anunciou o Premio Deleite á promoción da lingua para o filme “Valentina” por apostar “pola versión orixinal en galego nunha ilusionante historia dirixida a público infantil”. O debut na dirección da produtora Chelo Loureiro recibiu en 2022 o premio Goya da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas.
O Premio Galicia Calidade á promoción exterior recaeu en“Rapa”. Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, definiu a serie como “unha produción que revelou a milleiros de espectadores as espectaculares paisaxes das Rías Altas, ao tempo que resultou premiada, recoñecida pola crítica e adorada polo público”. A produción de Portocabo parte con 19 finalistas nesta edición dos Mestre Mateo.
Marta Díaz, responsable de marketing de Cafés Candelas, anunciou o Premio Cafés Candelas á produción máis inspiradora para “La entrega”, que “pon o foco na urxencia de loitar contra o illamento e a incomunicación revelando a importancia e o poder transformador dos pequenos xestos cotiás”. Este filme de Pedro Díaz foi finalista na categoría de Mellor curtametraxe nos Premios Goya.
A entrega dos premios especiais finalizou co Premio Ouresne Film Commission entregado por Patricia Torres a “O home e o can” por filmar “a diversa riqueza da paisaxe ourensá como marco para a súa trama na que fai unha chamada sobre o baleirado humano do territorio e a soidade dos nosos maiores".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 13 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 13 de diciembre, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre