O arquivo da querela contra Baltar preocupa a Cristina Cid

A concelleira do BNG por Allariz e ex parella de Anxo Quintana, Cristina Cid, asegurou onte que o ex vicepresidente da Xunta estuda apelar ao Tribunal Constitucional (TC) a sentencia da Audiencia que arquivou a querela que presentaran en 2009 contra José Luis Baltar, presidente da Deputación, por unhas manifestacións que este realizou nun mitin en Punxín.
En vésperas das eleccións autonómicas, Baltar fixérase eco dun rumor sobre supostos problemas de convivencia entre Quintana e a súa parella, cando afirmou que Pérez Touriño, ao situar ao ex vicepresidente ao fronte de Igualdade e Muller, puxo 'ao zorro coidando das galiñas'. Para Cristina Cid, 'nun momento no que hai un descrédito da vida pública', sentencias como a da Audiencia 'transmiten a idea de que en política todo vale', xa que 'sitúa por riba da difamación a liberdade de expresión de Baltar para insinuar con publicidade que entre Quintana e eu houbo malos tratos'. Quintana -continuou- merece outro trato porque traballa por Galicia, mentres que xente como Baltar fai política sen escrúpulos e aprovéitase do país'.

Te puede interesar