A asociación Aixiña xestionará o comedor social do fogar do maior en Allariz

 Presentación del convenio.
O Concello de Allariz asinou onte un convenio de colaboración co Centro Especial de Emprego Aixiña para dar continuidade á xestión do servicio de cafetería e comedor social do Fogar dos Maiores.

Así, o Centro Especial de Emprego Aixiña, asociación que traballa con persoas dependentes físicas, será a encargada de xestionar a cafetería e comedor social do Fogar do Maior, como viña realizando estes anos co ‘Xantar sobre Rodas’, un programa que nacía no ano 2006 e que achega a comida as casas de 70 usuarios.

O novo programa que Aixiña levará a cabo no comedor social xorde dun proxecto de intervención social con persoas maiores e persoas dependentes físicas coas que traballamos, según explicaba a xerente da asociación, Elisa Rodríguez, que ademais de ofrecer un servizo de comidas elaborará un plan de dinamización para realizar varias actividades lúdicas con estes colectivos.

Te puede interesar