A Asociación Galega de Apicultura premia a Allariz

undefined
photo_camera Cristina Cid recolleu o premio en nome do Concello de Allariz.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, recibiu en nome do Concello alaricano unha distinción outorgada pola Asociación Galega de Apicultura á promoción deste traballo. Concretamente, dende esta entidade, con sede en Arzúa (A Coruña), destacaron a creación da Escola Galega de Apicultura, un espazo no que se celebran diferentes cursos temáticos ao longo do ano en Allariz -un dos últimos foi de iniciación e comezou en xaneiro-. 

Logo de recoller o premio, que se entregou durante a xornada do domingo; Cristina Cid quixo, á súa vez, agradecer a colaboración da Fundación Ramón González Ferreiro na liña de facer posible este proxecto conxunto xurdido hai máis de tres anos.

Te puede interesar