Axentes turísticos de Allariz trazan un plan para captar fondos

undefined
photo_camera Xuntanza de axentes locais con membros da Corporación.
A rexeneración ambiental da contorna do río Arnoia, a renovación de instalacións en equipamentos turísticos locais buscando a eficiencia enerxética ou a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos foron algunhas das propostas contempladas neste plan para Allariz.

O Concello de Allariz impulsou unha serie de xuntanzas con axentes turísticos da vila para reunir  ideas e trazar un plan que permita captar fondos europeos. Dito documento será presentado na convocatoria extraordinaria do programa Plans de Sostibilidade Turística en Destinos 2023, financiado na sua totalidade con fondos Next Generation procedentes da Unión Europea e integrados no Plan de Recuperación Transformación e Resilencia do Goberno central. 

Para a elaboración do plan, recolléronse diversas propostas en Allariz. Todas elas debían encaixar nos diferentes eixos nos que se estrutura a convocatoria, entre outros, a transición verde e sostible, a mellora da eficiencia enerxética, a transición dixital e a competitividade. Contouse cos axentes locais, en palabras da alcaldesa, Cristina Cid; “para acadar ese obxectivo común de todos e todas”. 

A rexeneración ambiental da contorna do río Arnoia, a renovación de instalacións en equipamentos turísticos locais buscando a eficiencia enerxética ou a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos foron algunhas das propostas contempladas neste plan para Allariz. Na mesma liña, ofertaranse asesorías personalizadas con liñas de axudas para a modernización dos sectores locais de aloxamento, restauración, comercio e artesanía.

En definitiva, trabállase co obxectivo de posicionar a Allariz como referente turístico do interior de Galicia.

Te puede interesar