Baños de Molgas e Allariz organizan actos con motivo do Día dos Museos

A primeira será na Estación de Ferrocarril e a segunda no Museo do Coiro. 

Baños de Molgas e Allariz sumaranse hoxe martes, día 18 de maio, á conmemoración do Día Internacional dos Museos con varias actividades para todos os públicos. 

Por unha banda, o Museo Moncho Borrajo, ubicado na Estación de Ferrocarril de Baños de Molgas, ofrecerá unha xornada de portas abertas. Será, concretamente, entre as 17,00 horas e as 20,30 horas da tarde. 

Por outro lado, en Allariz, os máis cativos -nenos e nenas de entre sete e 12 anos- poderán participar nun obradoiro para a elaboración dun moedeiro que se celebrará no Museo do Coiro. Neste senso, haberá dúas quendas: unha entre as 12,00 horas e as 13,30 horas da mañá, e outra entre as 17,00 horas e as 18,30 horas da tarde.

Te puede interesar