Baños de Molgas incorpora unha nova parcelaria en Santa María

Na parroquia de Baños de Molgas hai un total de 21 explotacións e, do mesmo xeito, unha necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.

O Concello de Baños de Molgas conta cunha nova zona de concentración parcelaria, tal e como se informou dende a Consellería do Medio Rural este mesmo xoves. Está ubicada, concretamente, na Parroquia de Santa María de Almoite, e foi o Consello da Xunta quen declarou de “utilidade pública” dita concentración, xunto a Santa María de Bemil (Caldas de Reis) e Santiago de Moncelos (Abadín).

Os tres proxectos suman, en total, 2.333 hectáreas e, grazas a eles, veranse beneficiados máis de 3.000 propietarios, segundo subliñaron dende o ente local. 

Os novos decretos de concentración parcelaria decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. Nesta liña, os tres procesos foron solicitados por titulares de explotacións e apoiados polos respectivos concellos. No caso da parroquia de Baños de Molgas hai un total de 21 explotacións e, do mesmo xeito, unha necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.

CONTRA O ABANDONO

Por cada proceso finalizado (con títulos de propiedade entregados aos veciños), a Xunta decretará unha nova zona de concentración parcelaria para loitar contra o abandono das terras, anticiparse aos incendios forestais e fixar poboación no medio rural que permita facer rendible a actividade produtiva co aumento da base territorial das explotacións. 

O ente autonómico adiantou que este mesmo ano prevé decretar outros 20 procesos, aos que se sumarán os oito do pasado 2021

Te puede interesar