O BNG presentará unha candidatura en Maceda

Aproveitouse a xuntanza para elexir aos representantes da asemblea local no consello comarcal do BNG -que serán Beatriz Cuenca e Pablo Seoane- e para esbozar o plan de traballo para o derradeiro trimestre do ano.

Haberá candidatura do Bloque Nacionalista en Maceda para os vindeiros comicios locais. A decisión adoptouse na celebración da asemblea local macedana, na que estiveron  presente membros do consello comarcal do BNG: Jonathan Rivas e Xoaquín Méndez. 

O encontro abriuse a persoas que, actualmente, non militan na formación, pero que, segundo expuxeron dende a mesma “son nacionalistas e galeguistas que comparten o seu análise sobre a desastrosa xestión que está a facer o Grupo de Goberno do PP do Concello de Maceda”. 

Así, na asemblea tomouse, por unanimidade, a decisión de presentar unha candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio de 2023, na que se integrarán tanto militantes e simpatizantes do BNG, como outras persoas nacionalistas ou galeguistas, co obxectivo, subliñan dende o partido, “de ter de novo en Maceda unha alcaldía nacionalista”. 

Por último, aproveitouse a xuntanza para elexir aos representantes da asemblea local no consello comarcal do BNG -que serán Beatriz Cuenca e Pablo Seoane- e para esbozar o plan de traballo para o derradeiro trimestre do ano.

Te puede interesar