FESTA DO BOI

O maratón do boi pechou nove días de festa en Allariz

A alcaldesa da vila, Cristina Cid, valora "a inxección económica" dun evento con miles de asistentes

O maratón do boi e o traslado do Xan de Arzúa ata a Casa do Boi puxo este domingo o broche final á Festa do Boi de Allariz. Miles de persoas pasaron pola vila desde que deu comezo o pasado día 15, participando nas distintas actividades programadas pola organización, que correu a cargo do Concello de Allariz e da Asociación Xan de Arzúa.

Desta maneira, desde que por primeira vez se fixo a proba do boi para o comezo da festa para ver como respondían os catro magníticos exemplares criados no monte Penamá para este fin, desenvolvéronse ao longo da semana un total de 16 corridas, entre as mañás, mediodías e noites, nas que participaron multitud de asistentes.

O domingo era moita a expectación ante o maraton, que tivo unha duración de unha hora, cando as corridas duran a mitade, e no que participaron os catro animais.

A alcaldesa, Cristina Cid, facía unha valoración moi positiva da festa, que supón "unha inxección económica importante por a xente que atrae e porque ten que ver ca forma de vivir de Allariz". Así, tamén destacou a incorporación de máis voluntarios, moitos deles xóvenes, para a recreación dos gremios históricos, asegurando que na organización deste ano contouse con máis de 600 persoas. "Todo o fan os veciños. Xan de Arzúa dispón de grupos de traballo que inclúe as recreacións históricas medievais", sinalou. Na súa opinión é unha festa "que fai a xente para se mesta e para os visitantes con moito respecto pola tradición e tamén co dinamismo que ten Allariz".


A programación sempre ten en conta aos nenos


Os nenos tamén tiveron un especial protagonismo na Festa do Boi, participando desde os máis pequenos da Escola Infantil ata os estudantes dos institutos. "Son tamén os protagonistas da festa porque lles queremos transmitir esta tradición tan importante", sinalou a alcaldesa, Cristina Cid. Por ese motivo, os nenos disfrutaron de un completo programa de actividades ao longo da semana, desde a procesión de Xan de Arzúa ata as corridas de bois, especialmente deseñadas para eles.

Te puede interesar