ALLARIZ

O boi xa se deixa ver pola vila

Onte, aínda que a xente quere que a troula arranque xa o venres, comezou de xeito oficial onte a semana grande da vila alaricana, ca romería tradicional en San Salvador e a baixada dos bois dende Penamá ata a Barreira. 

Todos os que naceron en Allariz ou nas súas aldeas non dubidan en calificar a xornada de onte como a do verdadeiro protagonismo da xente do lugar. Máis dun millar de persoas se achegaron ata a pequena localidade de Salvador de Torneiros para participar da romería.

Non so foron alaricanos, tamén moitos foráneos os que asemade presenciaron como chegaban as xugadas de bois dende os montes de Penamá. Dende alí, todos a Paicordeiro, animais tamén, para dar conta da representación da trata, como décadas atrás acontecía nas feiras. A peculiar procesión continou por Roimelo para rematar na praza da Barreira, onde todo estaba preparado para a proba dos bois que correrán durante os sete días de troula polas empedradas rúas da vila que preside Francisco García. Nas carreiras, pequenos incidentes illados, coma o dun corredor que caiu ao chan tras ser alcanzado por un boi. Foi retirado en ambulancia, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Antes tivo lugar, como non podía ser doutro xeito, o saúdo do correxedor da festa e a entrega do Sedeño. Non faltou a música de charanga durante todo o día, nin a da gaita. Como tampouco o fará na longa xornada dominical que agarda hoxe aos alaricanos e aos centos de visitantes que está a recibir a vila nestas datas. Porque se algo acreditan todos os que no día de onte disfrutaron do primeiro dos días grandes da festa, foi que a asistencia está a ser moito máis populosa que en edicións anteriores. A estación de autobuses tiña un colapso como nunca antes, non daban feito a trasladar á xente ata San Salvador nin os autobuses destinados, nin os taxis e turismos dos particulares.

Hoxe o día terá un marcado carácter medieval. Arredor das once está previsto que se abra o mercadiño da rúa Pepe Puga, dando paso unha hora máis tarde e dende o Eiró a teatralización dos orixes da festa que tanta xente reclama estos días ata Allariz. Cara as dúas chegará a primeira das carreiras do boi. Aínda que a primera e máis enxebre chegará pasadas as 20,30 horas, logo de toda unha tarde de festa amenizada con música de charanga e con concursos de trobadores.

Foi en 1983, cando un grupo de mozos decide recuperar a festa, e o boi volve correr por Allariz, e con el un municipio con orgullo da súa historia e das súas tradicións. Quedarán dende hoxe unha semana de troula garantida. n

Te puede interesar