Catro días de festa co San Bieito de Allariz

photo_camera Festividade de San Bieito en Allariz, fai dous anos.
A devoción e os actos na honra de San Bieito seguen sendo un dos eventos máis importantes do verán na vila alaricana

A  festa de San Bieito de Allariz é unha das máis importantes na provincia, unha devoción que teñen centos de fieis. Ao longo da fin de semana achegaranse ata a vila para mostrarlle  ao santo a súa fidelidade  no día da súa festividade, tal e como teñen feito ao  longo da Novena.

Por estas datas, Allariz é unha festividade, principalmente, de carácter relixioso. A maiores, a vila estará chea de actividades na súa programación. Actividades culturais, xornadas gastronómicas, grandes concertos e pasarrúas. Os tradicionais fogos artificiais marcarán o peche da festa. 

-  Venres,  día  8: inchables e festa da escuma ás 17,00 horas  no Arnado.  Pasarúas coa charanga Alambique de Pontevedra ás  21,00 horas. Concerto do grupo Broken Peach ás 23,30 horas na Barreira.

-  Sábado,  día  9: desfile de xigantes e cabezudos con acompañamento da Agrupación De Pé Feito ás 11,30 horas dende a Casa da Cultura. Pasarúas coa charanga Achicoria de Xinzo ás 12,30 horas. Concerto da Banda Unión Musical de Allariz ás 20,30 horas nos Xardíns do Museo do Coiro. Baile coa orquesta Fuego da Coruña ás 21,30 horas na Barreira. Verbena coa orquesta  Fuego da Coruña ás 00,00 horas na Barreira.

-  Domingo,  día  10: pasarúas a cargo da Banda de Música de Cúllar (Granada) ás 10,00 horas. Procesión do Patrón da Vila,  acompañada dos xigantes e cabezudos, Agrupación De Pé Feito, Banda de Música de Cúllar e o grupo de baile tradicional O Fiadeiro de Vigo ás 11,00 horas. Ao remate terá lugar a Misa solemne. Danza 3 co grupo de baile tradicional O Fiadeiro de Vigo ás 12,30 horas na Praza do Matadoiro. Concerto da Banda de Música de Cúllar ás 13,30 horas e ás 20,00 horas na Alameda. Baile amenizado polo grupo Nazaret (Ourense) ás 21,00 horas na Barreira. Espectáculo de pirotecnia, a cargo de Josman, ás 00,00 horas no Campo de Vilanova.

-  Luns,  día  11: concerto a cargo da Agrupación Coral Arnoia ás 20,00 horas na igrexa de San Bieito. 

A  Novena na  honra  de San Bieito será ás 19,30 horas todos os días ata o domingo día 10.  A partir do día 10 haberá unha misa ás 9,00 horas , 10,00 horas, ás 11,00 horas a procesión e ás 12,30 misa solemne. O luns 11 a misa será ás 8,30 horas, ás 10,00 horas, ás 11,00 horas e ás 19,30 horas. Ás 12,00 horas haberá unha misa solemne. 

A igrexa de San Bieito de Allariz, construida no ano 1.770, está sita no Campo da Barreira, ao lado Convento de Santa Clara. 

Te puede interesar