Charlas para aprender a reciclar no rural alaricano

8c867906-e7da-44b4-837d-39bf5294126f
photo_camera Dúas integrantes de Adega diríxense aos veciños de Torneiros.
A formación retomarase hoxe mércores, día 21 de xullo, ás 17,00 horas.

A Asociación Ecoloxista Adega e o Concello de Allariz retomaron este martes a campaña de concienciación sobre a importancia de abordar unha correcta reciclaxe, centrándose, nesta ocasión, en diferentes núcleos alaricanos. Neste senso, celebraranse varias charlas sobre as tres “r” -reducción, reutilización e reciclaxe- e a actividade da compostaxe. 

A iniciativa, que conta tamén coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e está cofinanciada nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comezou en Torneiros. Os participantes informáronse sobre as boas prácticas en materia de residuos e no emprego dos composteiros. Neste senso, os promotores da charla recordaron os pasos necesarios para obter un composteiro. 

As charlas retomaranse hoxe mércores, día 21 de xullo, ás 17,00 horas. Será no local social de San Vitorio. Tamén no día de hoxe, pero ás 20,00 horas -no local social de Roiriz-, haberá outra sesión informativa.

Te puede interesar